Calendario

29 abr 2012

Que Facemos

O Grupo Scout Tau, ao igual que todo grupo Scout, quere ser un espacio para xóvenes, para nenos e nenas, que xogan xuntos e o pasan ben.


Somos un espazo educativo no que pretendemos que os nenos e nenas, rapaces e rapazas, aprendan os valores da Ley Scout e fagan un compromiso con esta Ley, a través da promesa Scout.


Pero o faremos a través do xogo. A través da acción os Scouts van ir debuxando e creando o seu propio desenvolvemento educativo. 


Queremos que os Scouts sexan os protagonistas do seu propio progreso e crecemento, e por iso axudámoslles a tomar responsabilidades e facer compromiso no persoal, no social e no seu propio camiño de Fe.


Co noso escudo queremos, ademáis, concretar que a nosa espiritualidade é Franciscana, e facer especial fincapé na austeridade, na sencillez e no amor á natureza.




O Grupo Scout Tau quere ser espacio de convivencia para todos os que queran vivir esta experiencia de xogo, de vivir na natureza, de ser todos irmáns e de Seguir a Cristo.


Contamos coa axuda do Método Scout que se ven actualizando e mellorando dende fai un século, coa axudo do Kraal, dos pais e nais, do Consiliario...e especialmente coa axuda dos rapaces e rapazas que libremente queren vivir esta Aventura do Escutismo.

0 comentarios: