Calendario

28 abr 2012

Lobecos

O grupo de nenos e nenas máis pequenos é o dos Lobecos.


Este grupo ten un marco simbólico baseado no Libro Da Selva de Rudyard Kipling, por iso os responsables desta pola...teñen uns nomes especiais!!!




Akela: É o gran lobo gris, xefe da Manada. A súa autoridade non nace da tiranía, ou unicamente da forza, senón que é aceptado pola gran experiencia ea imparcialidade dos seus xuizos. É o lider natural de toda a Manada, e a súa actitude é de servicio cara aos demáis.





Baloo: Será o mestre que lle ensine a Mowgli as leis da Selva. Ante todo, o seu valor principal é a amistade, pero non deixa que esta se interpoña diante do que él considera o se deber. É alegre e góstalle xogar, pero esto non lle impide darlle unha poutada a Mowgli cando este non fai o que debe.





Bagheera: Canda Baloo, o oso pardo, serán os principais amigos de Mowgli. Bagheera é unha pantera negra con moitos rasgos de independencia, que xungue á súa forza e axilidade unha grande astucia. Só actúa cando o cree imprescindible, pero sempre está xunto a Mowgli vixiando para que nada malo lle ocorra.







Hathi: O elefante salvaxe que non se deixa levar polas presas. Nunca fai nada até que chega o momento, e este é o segredo da súa longa vida. Ademáis, xungue a esto unha gran sabedoría, o que lle val ser consultado por todos en caso de conflicto. É a memoria histórica da selva.

0 comentarios: