Calendario

29 abr 2012

Consiliario

¿Qué é un consiliario?


O consiliario, ante todo, é unha persoa. Unha persoa boa, que forma parte do Kraal.


No caso do Grupo Scout Tau esa persoa é: Miguel de la Mata Merayo. Un frade Franciscano, quen sempre gustou do tempo de lecer e que coordina dende fai anos a catequese de San Francisco.






Pero, o máis importante, é que o consiliario representa a Cristo, que é a "cabeza" do grupo Scout. 


¿Cómo o fai? Proclamando a Palabra de Deus, nas Eucaristías, administrando os sacramentos e axudando ao grupo a sentirse Igrexa.



O Consiliario axúdanos a orientar as nosas vidas cara o seguemento de Cristo!!




Pero todo isto, que soa tan serio...non significa que o Consiliario non nos quera, ou que sexa distante...Todo o contrario!!!


Miguel preocúpase por cada un dos Scouts, e por todos os responsables do Kraal. Ademáis, para os que o coñecedes ben...é unha persoa aberta en sinceira que lle gustan as actividades de tempo de lecer, a natureza e que non dubida nin un segundo en facer trastadas xunto aos máis xóvenes.



0 comentarios: