Calendario

28 abr 2012

Centro Juan XXIII

O Grupo Scout Tau fai as súas actividades no Centro Socio-Cultural Juan XXIII, que é levado polos frades Franciscanos (OFM) de Santiago de Compostela.





A súa entrada está na Rúa dos Castiñeiros, na costa ao lado da Igrexa Conventual de San Francisco.





Nas instalación do Centro temos os recúnchos de patrulla de cada un dos pequenos grupos que conforman as unidades das Ramas. Tamén temos unha sala para as festas, unha sala para proxeccións e una pista para xogar ao fútbol e facer outros xogos...e unha enorme horta onde podemos estar en contacto coa natureza.




Na entrada do centro, que os domingos tamén acolle á catequese de San Francisco, recíbenos a imaxe do Santiño das Pombas (San Francisco de Asís), pai da Orde Franciscana e patrón dos Lobecos. No Grupo Scout Tau Francisco, a súa humildade, sencillez e amor pola natureza están sempre presentes na nosa actividade.

0 comentarios: